O poder da música
A artista multidisciplinar Lucía Aldao fálanos do poder da música.
O envellecemento da poboación fai que cada vez sexan máis as persoas maiores. Moitas delas precisan algún tipo de apoio para a súa vida diaria, desde as xestións bancarias ata pedir unha cita médica. O colectivo Solidarios cos maiores irá publicando unha serie de vídeos con testemuñas e información útil de profesionais expertos en cuestións que afectan o día a día dos maiores.