TDAH

A neuropsicóloga Ana Fátima Gómez, da Fundación Ingada, explícanos o que é o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade ou TDAH.

Cadeiras de rodas

Visitamos unha ortopedia para coñecer os distintos tipos de cadeiras de rodas que hai no mercado.

Fisioterapia

Falamos coas fisioterapeutas dunha residencia de maiores que nos amosan algúns exercicios sinxelos para manter a mobilidade.

Banco de alimentos

Achegámonos ao Banco de Alimentos Rías Altas para coñecer a súa actividade e as súas necesidades.